top of page
TRANSFORMANDO OS PATIOS

Este proxecto participativo xurdiu da colaboración entre a directora do Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, Noa Vera Baliñas, e unha profesora do Grao en Terapia Ocupacional da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña, Natalia Rivas Quarneti. 

 

En xaneiro do 2018, comezamos a planificar a incorporación no centro desta profesora terapeuta ocupacional como forma de ver as posibles contribucións desta profesión nos centros educativos.  

Nas reunións iniciais, plantexamos a posibilidade de intervir nos patios (con xogo inclusivo e, tamén, no espazo para que este facilite o desfrute de todas/os as/os nenas/os, entre outros). Eramos conscientes de que as nenas/os, as familias, o profesorado e outro persoal do cole querían mellorar os patios. Xa existían grandes ideas polo que  buscamos crear sinerxias e canalizar estas aportacións cun proxecto de colaboración e participación colectiva: Transformando os patios.

Para realizar este proxecto, configurouse un equipo de traballo con experiencia en metodoloxías participativas, desenvolvemento infanto-xuvenil e desenvolvemento comunitario, dende unha perspectiva ocupacional crítica. 

Coma metodoloxía, empregamos a fotografía e as novas tecnoloxías para reflexionar sobre o que gusta e non gusta dos patios dende a perspectiva das persoas implicadas, e así poder pensar, entre todas e todos, como melloralos. 

Durante a primeira metade do curso 2018/2019, todo o alumnado do CEIP participou na fase  na que se xeraron os datos a través da fotografía (ver resultados).Tamén participou o profesorado, o persoal de administración e servizos e as familias. Dende entón, traballamos arreo, en distintas fases, para conseguir transformar os patios dende as necesidades e prioridades da comunidade educativa. Máis información sobre as fases e accións, aquí

Este proxecto está vivo! Non vos perdades as novas no apartado ACTUALIDADE

O equipo de traballo 

image_gallery.jpg
Campo.jpg
DSC_0464.JPG
ACTUALIDADE
Temos unha mensaxe para vos

Abril 2021

 

Prezada comunidade educativa do cole, prezado mundo!

Como adiantabamos fai uns meses, o proxecto de transformación de patios ¡continúa!

 

Nestos meses, as partes implicadas, a través dos seus representantes (ANPA para as familias, equipo directivo para o cole e equipo da UDC, terapia ocupacional) buscamos alternativas para poder levar a cabo as acciones que se tiñan priorizado nas últimas reunións presenciais antes da pandemoa, adaptando estas ao contexto sanitario actual.

Antes do confinamento priorizarase pintar os patios, coma catalizador das accións de transformación. 

Por eso, neste curso 2020/2021 @s nen@s traballaron en propostas para o mural do patio de primaria. Paralelamente, se fará un mural participativo (@s nen@s serán protagonistas) no patio de infantil.

Contactamos con artistas que puidesen abordar este curso o proxecto dos murais e finalmente, Yoseba, farase cargo do proxecto con moita ilusión.Podedes ver cómo iniciou o seu proceso creativo en base aos debuxos d@s nen@s do cole, aquí.

As gradas tamén serán intervidas. Fai unhas semanas, todas as aulas votaron en clase e decidiron entre distintos deseños, cál van pintar nas gradas de primaria. 

Tamén, traballouse en conseguir os recursos para facelo. A ANPA financia ao artista e o CEIP a pintura das gradas, reparación da parede da fachada onde se fará o mural de educación infantil, así coma unhas mesas interactivas onde xogar e merendar.

Todas estas accións levaránse a cabo neste curso académico.

Ademais, estamos a traballar en implicar ás administracións públicas noutras accións e propostas identificadas pola comunidade educativa.

Seguiremos informando, aquí, a través do cole e da ANPA.


 

Nen@s do cole no 2021
bottom of page